Clases de baile galego

Dende os primeiros pasos á foliada

Temos clases para todos os ritmos e niveis, pero o noso nivel básico está pensado especialmente para ti, que non bailaches nunca e queres comezar a gozar!

Que vas atopar nas clases de iniciación?

Perda o medo

Ensinamos os puntos básicos de muiñeira e xota dun xeito sinxelo e paciente.

Ambiente amigable

 Un grupo de xente coma ti, con ganas de aprender e de botar unhas risas.

Contexto e ritmo

Aprenderás a escoitar a música e a entender cando e como entrar ao baile.

ANDRÉ ADRIO

Participei na danza tradicional galega dende moi novo e formeime en outros estilos de danza como a contemporánea, a clásica e o flamenco, así como en diferentes xeitos de comunicarse a través do movemento, participando en numerosos cursos de danza e teatro impartidos por recoñecidos profesionais de cada sector. A actividade física sempre formou parte da miña vida, de aí a miña licenciatura en Actividade Física e Ciencias do Deporte pola Universidade de Vigo en 2012. Actualmente continúo formándome, estudando interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Como bailarín, recibín varios premios, entre eles o premio especial Vigo Porté (con «Flamenkeando») e o premio Vai de Baile, organizado polo programa Luar da Televisión de Galicia. Actualmente participo como integrante en Fran Sieira compañía de danza, enespectáculos como Ceibe ou Coreografías dun Demente.

Desde 2013, centrei a miña carreira profesional na docencia, principalmente de danza tradicional en numerosas asociacións de Vigo e arredores.

Continúo descubrindo novas formas de expresión física, e o meu principal interese céntrase en atopar novas maneiras de transmitir unha parte fundamental do patrimonio de Galicia. Nas miñas propias palabras: «O meu traballo céntrase en facer que o baile tradicional galego sexa sinxelo e atractivo para todo o mundo.»

O primeiro paso é o máis fácil: Vémonos na aula!

Temos clases para todos os ritmos e niveis, pero o noso nivel básico está pensado especialmente para ti, que non bailaches nunca e queres comezar a gozar!

André Adrio Baila
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.