Quen somos

METODOLOXÍA

Bailar é moito máis que pasos: é sentimento e festa!

Esquécete de aprender de forma aburrida ou de memorizar sen máis.
Nas nosas aulas, o obxectivo non é só bailar, senón entender e vivir a nosa cultura.

Cun ton próximo e un método pedagóxico actualizado, as nosas clases son:

DIVERTIDAS E PARTICIPATIVAS

Fomentamos a creatividade e a participación activa para que o baile saia de ti de forma natural. Aquí non hai lugar para o sentido do ridículo!

COMPLETAS

Ensinamos tanto baile solto (muiñeiras e xotas) como baile agarrado,
dándolle contexto histórico para que saibas por que bailamos o que bailamos.

INCLUSIVAS

A nosa comunidade é aberta e acolledora. Favorécese a creación dun
grupo onde todos, veñades de onde veñades, vos sintades parte da festa dende o primeiro día.

Non só mellorarás a túa coordinación e o esquema corporal; gañarás seguridade, autoestima e conectarás cunha parte esencial da nosa tradición dunha forma lúdica e social.

Despois de máis de dez anos impartindo aulas de baile popular e tradicional esta
metodoloxía foi mellorada e implementada en múltiples grupos e situacións.
A gran variedade de idades e perfís, así como a diversidade de persoas que formaron parte nalgún momento desta experiencia de aprender a bailar, foron aportando matices e adaptacións progresivas do sistema de aprendizaxe.

A formación ao longo dos anos, tanto a Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, así como as especialidade cursadas na carreira de Aeróbic, clases grupais dirixidas e a teoría do desenrolo motor foron claves para crear este método de ensino.

Posteriormente, a direción de diferentes aulas tanto en centros deportivos, instalacións acuáticas e espazos públicos, seguiu sumando a hora de crear dinámicas e contidos adaptados ao sector.